Cabecera Vide

Derrota do Coruxo ante o Barbeito

Un calco do partido da primeira volta, un Coruxo que fixo máis fútbol sala e creou ocasións de gol que non se poden fallar, e o Hnos. Barbeito xogando á contra e cun equipo moi veterano soubo poñer o dedo na chaga do conxunto verdiblanco.

No primeiro tempo o equipo de Piru sempre estivo por diante no marcador e levando o peso do partido. Pero o insistente dominio vigués non fraguaba as ocasións en gol que de ser así agora se falaría dun resultado de escándalo a favor do Coruxo. E o equipo de O Salnés sen perder o sitio ía respondendo pouco a pouco a cada gol do Coruxo. Así foi todo o primeiro tempo, cun Coruxo dominador e que chega ao descanso con ese resultado a favor de 3-4.

No segundo tempo seguía o equipo local sin elaborar un fútbol sala de posesión, e o único que arriscaba era un Coruxo que poñía toda a carne no asador para levarse os tres puntos en xogo. O equipo vigués consegue o 3-5 e todo facía indicar que a lóxica caería polo seu propio peso e que o fútbol sala ía ser xusto co equipo que máis estaba a arriscar.

Pero moi lonxe da realidade, xa que nese momento é cando o equipo local consegue un parcial de 4-0, o máis desesperante é que foi mediante un xogo amorfo e influenciado en dous factores, que o Coruxo seguía fallando ocasións de gol incribles, e en que o desgaste ía pasando factura ao conxunto vigués, e como dato relevante hai que resaltar que a maioría dos goles do Barbeito foron de rexeites en curto ao segundo pau.

Os tres últimos minutos o equipo vigués dispuxo da táctica de porteiro-xogador, e o Barbeito ampliaría a súa renda con dous goles máis e que xa supoñía un gran lastre para solucionar en tan pouco tempo de xogo efectivo. Grande actuación de Álvaro, que anotaría tres goles.

H. Barbeito: Bruno, Salgueiro, Santi, Rubén, Rodrigo, Alán, Javi, Manuel.

Coruxo: Cuca, Lolo, Pablo Valle, Javi Hernández, Manu, Jhony, Álvaro, Siso, Fabio, Mario, Cristian, Javi del Río.

Árbitros: Ignacio Fiaño López, José M. Carreira Romero (A Coruña)
Crono: Laura Vila Rivera (A Coruña)

H. BARBEITO 9
CORUXO F.C. 6