Cabecera Vide

O Coruxo como equipo callou un gran partido, e nesta ocasión con inusitada eficacia

Iniciábase o partido sabendo os resultados da xornada, e que colocaban ao Coruxo nunha difícil situación xa que de momento o Torre Reis estaba a tan só tres puntos por debaixo dos vigueses.

Colleu o Coruxo o touro polos cornos e moi pronto chega o primeiro gol de Pablo Valle, o mellor xogador do partido. No minuto tres anota o 1-0, aínda que previamente Diego Coe a punto estivo de marcar para o equipo lugués.

Un Coruxo tremendamente compacto, descarado e cos machos ben postos seguía ao ataque total en busca de máis goles, e así é como tres minutos máis tarde Xan preme en metade da pista e tras roubar o balón combina a un toque con Mario e Pablo Valle, con este último remachando á rede o 2-0. Nos seguintes minutos prodúcense unha serie de xogadas con alternativas no xogo e ocasións de gol onde os dous porteiros evitan que se movese o electrónico. Sobre todo por parte de Lolo, o porteiro vigués nun alarde de reflexos evitou por varias veces o gol nun man a man.

Non obstante o primeiro gol dos visitantes chegaría precisamente por unha falta de entendemento na defensa local co porteiro, e aí estaba Diego Coe dende os sete metros para fundir o balón á rede co 1-2. Pasaba o equipo de Rachí por uns momentos de dúbida e que o Caloto Loyo soubo aproveitar con bo xogo ao poñer as táboas no luminoso co 2-2 que outra vez Diego Coe anotaba na súa conta particular. Un bo partido estaban ofrecendo os dous equipos, e o espectáculo agradecíao co 3-2 que Mario consegue de disparo raso e cruzado onde outra vez a conexión Xan. Pablo Valle e o propio Mario había boto estragos na liña defensiva dos visitantes.

Isto non podía ser certo, en quince minutos e en Ás Roteas por primeira vez en toda a tempada xa había cinco goles e con vantaxe local, e o plus que inxectaría unha descomunal pegada en ataque sería o gol que anota Pablo Valle onde a balón parado tira de estratexia con Xan, e que finalmente Pablo Valle de impresionante trallazo a cola por toda a escuadra co 4-2, un grande gol dende a súa elaboración ata a súa execución, para gravar e regalar o video por todas as escolas deportivas. O 5-2 que anota Manu Boan un pouco antes do minuto vinte, e que vén a dar grandes doses de tranquilidade ao equipo de Rachí para encarar o segundo tempo.

E dende xa, o Caloto Loyo pon en liza dende o minuto un deste segundo tempo a táctica de porteiro xogador. Moi valente o equipo lugués, que arriscaba muchísimo en longas posesións pero que a fin de contas impedía que o Coruxo tivese o balón no seu poder. E iso que eran posesións con finalizacións entre os tres paus, e que aí é cando aparece a descomunal figura de Lolo, e o porteiro vigués era un muro infranqueable. Aínda así acurtaría distancia o equipo visitante co 5-3 que Carlos López sobe ao electrónico.

Xa era un toma e daca impresionante xa que ningún dos dous contendentes estaba polo labor de ceder o máis mínimo, e máis que nada porqué os goles foran en xogadas individuais. Precisamente o Caloto Loyo tivo eses minutos onde chegaría a desesperarse porqué por máis que o intentaba non conseguía marcar máis goles, e o porteiro do Coruxo, un Lolo inconmensurable, bestial e valente nas saídas fóra da área e mediático baixo os tres paus con paradas de antoloxía. Iso foi dando forza ao xogo de ataque vigués, e outra vez Pablo Valle marca o 6-3 logo de servizo de Manu Boan. Chegaba o gol nos minutos onde o Coruxo necesitaba dar un golpe de autoridade, e de aí que non tardaría en chegar o 7-3 por mediación de Xan, que dende o seu propio campo xa logra poñer ao Coruxo terra por medio.

Pero o Caloto Loyo seguía empeñado en morrer sobre a pista como os grandes, e os lugueses exercían unha gran presión e a cada disparo a queimarroupa, daba Lolo a resposta con outra grande intervención. Álvaro xa poñía a puntilla tras un caneo e disparo final dende fóra da área con ese marcador de 8-3. O 8-4 foi un gol de bela factura que se cola entre un oco da defensa viguesa nun grande golpeo de Carlos López. E xa o definitivo 9-4 de Manu Boan sería faltando dez segundos para o tempo regulamentario.

CORUXO F.C. 9
CALOTO LOYO F.S. 4

Domingo, 18 de abril de 2010.
Xornada 27 - As Roteas.