Cabecera Vide

VIDE asegura o seu apoio ao deporte no Día Europeo de Fundacións e Doantes, que se celebra hoxe por sétimo ano consecutivo

image001

A Fundación Vigo en Deporte continúa a súa marcha. Hoxe, por sétimo ano consecutivo, celébrase o Día Europeo de Fundacións e Doantes, unha iniciativa de Dafne (Donors and Foundations Networks in Europe) e que a Asociación Española de Fundaciones (AEF), da que forma parte a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) dende o seu nacemento, impulsa a nivel español. Coincide, ademais, co comezo do programa municipal de escolas deportivas.
 
VIDE, fundación cuxa xestión delega o alcalde da cidade, Abel Caballero, no concelleiro de Deportes Manel Fernández, traballa arreo nos últimos días na preparación da nova tempada. De feito, o concelleiro xa mantivo conversas cos clubs do programa Siareiros pola tempada 2019/20, pois a actividade da fundación seguirá dando respostas ao deporte de base un exercicio máis.
 
Hoxe, no Parlamento Europeo houbo un debate sobre o "mercado único para a filontropía", liderado pola vicepresidenta da Unión Europea, a xermana Nicola Beer, e auspiciado por Dafne e o Centro Europeo de Fundaciones, no que se tratou sobre o presente o o futuro das fundacións. 
 
A Fundación Vigo en Deporte constituiuse o ano 2001 (19 de novembro), aínda que non tivo sede fora do Concello ata abril de 2002, cando se estableceu no complexo municipal das Travesas, con acceso pola rúa Cesáreo González. É dicir: o día 19 do vindeiro mes VIDE cumprirá a maioría de idade. O concelleiro Manel Fernández xestiona VIDE dende o ano 2011.