becas2016webO concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou hoxe a apertura da convocatoria de bolsas para deportistas individuais ou de competicións de parellas, tríos e cuartetos, que rematará o vindeiro 10 de novembro.

É o cuarto ano consecutivo que o tamén presidente da Fundación Vigo en Deporte (VIDE) destina unha partida orzamentaria de 20.000 euros para apoiar aos deportistas vigueses sub-23. As axudas, de 1.000 euros, compártense no caso de outorgarse de forma colectiva, é dicir, nos casos das parellas, tríos e cuartetos.

Poderán concorrer a estas axudas os deportistas sub-23 que non reciban subvención do Concello pola tempada 2016/17, do mesmo xeito que sucedeu o pasado ano -primeiro no que o Concello investiu 50.000 euros de xeito directo para os valores da canteira-, e que está dotada con 50.000 euros. Ademais, VIDE, cuxo padroado está composto polo Concello e por PSA Groupe, adaptou as bases á filosofía da propia subvención municipal.

A axuda global de VIDE dende decembro de 2014 alcanzará así un total de 80.000 euros para apoiar ao deporte sub-23 local. As bolsas beneficiaron ata 28 deportistas no exercicio 2013/14, a 24 na campaña 14/15 e a 22 no 2016.

Bases das axudas 2016/17

Folla de inscrición axudas VIDE 16/17