ManelO fútbol 8 (prebenxamín, benxamín e alevín) e o fútbol 11 (infantil) voltan no Nadal coa quinta edición do Torneo Concello de Vigo. Do 26 ao 30 de decembro, os campos municipais de Vigo verán o mellor fútbol local, que rematará coas finais do día 30 e a súa clausura.

A Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo (Afavi) envorcouse neste evento patrocinado polo Concello de Vigo e que se xogará  no José Costas (Candeán), Pahiño (Navia), A Guía (Teis), A Pirucha (San Miguel de Oia), Armando Cajaraville (Samil), Penedo da Moo (Matamá), Meixoeiro, As Relfas (Sárdoma), A Bouza (Coia), Federativo de Coia, Monte da Mina e Cotogrande.

A normativa e follas de inscrición, nos documentos adxuntos:

Carta Concelleiro de Deportes Torneo Nadal

Regulamento do Torneo Concello de Vigo 2017

Folla de inscrición club Torneo Nadal 17

Inscrición xogadores Torneo Nadal 17