IMG 1309Segundo ano, con máis imaxes e no mesmo lugar: en Príncipe fronte ao Museo Marco. Para quentar motores cara ao Memorial Quino Salvo chega unha exposición fotográfica do baloncesto vigués ao longo duns 70 anos, que o alcalde inaugurou este martes.
 
Caballero visitou este mediodía a nova exposición sobre o baloncesto local, de maior formato que o ano pasado para facer máis visible este deporte e que contén un cento de fotos máis sobre a iniciativa tamén mostrada na edición anterior do Memorial Quino Salvo.
 
O xefe do goberno municipal, que felicitou á organización do memorial, estivo acompañado polos concelleiros Manel Fernández (Deportes) e Chus Lago (Medio Ambiente) mentres Julio Bernárdez, presidente da asociación, lle amosaba algunhas das imaxes.
 
A exposición manterase en Príncipe, diante do Museo Marco como o ano pasado, ata o día 14 e o sábado 15 trasladarase ao complexo municipal das Travesas, coliseo que acollerá a terceira edición do Memorial Quino Salvo entre o Morabanc Andorra e o Oporto (20:00 horas).
 
O rexedor manifestou na foto de familia, con rapaces de varios equipos do Baloncesto Seis do Nadal que van disputar o torneo alevín o saábado 15 pola mañá, que non descarta contar no futuro cun equipo na Liga ACB. "Hai que buscar o momento e o xeito", explicou.