Cabecera Vide

Conta atrás para unha nova edición do Torneo de Nadal de fútbol formativo

IMG 2558Sexto Nadal consecutivo co fútbol 8 (categorías prebenxamín, benxamín e alevín) e o fútbol 11 (infantil) como protagonistas nunha acción co pulo do Concello e a organización de Afavi, a Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo, e da Fundación VIDE.

A competición volta no Nadal coa sexta edición do Torneo Concello de Vigo. Do 26 ao 29 de decembro, os campos municipais de Vigo verán o mellor fútbol local, que rematará coas finais do día 29 e a súa clausura no pavillón de Navia.

A Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo (Afavi) envorcouse neste evento patrocinado polo Concello de Vigo e que se xogará  no José Costas (Candeán), Pahiño (Navia), A Guía (Teis), As Relfas (Sárdoma), A Bouza (Coia), Federativo de Coia, Monte da Mina e Cotogrande. Campos da fase previa, oito: A Guía, Candeán, A Bouza, Federativo de Coia, Monte da Mina, As Relfas, Cotogrande e Pahiño (Navia). Campos da fase de cuartos de final, semifinais e final de alevín: A Bouza, Federativo de Coia e Pahiño de Navia. O campo da fase final, o Municipal Pahiño.

A normativa e follas de inscrición, ademais da carta do concelleiro, nos enlaces seguintes:

Carta concelleiro polo torneo 2018

Autorizacións para toma e publicación de imaxes

Regulamento Torneo Nadal Concello de Vigo 2018

Folla de inscrición de xogadores no Torneo Nadal 2018

Folla de inscrición do club no Torneo Nadal 2018