Bolsas 2014As bolsas VIDE individuais, de dúos, tríos e cuartetos sub-23 concederanse este mes despois de que fosen evaluadas todas as solicitudes.

Un total de 62 deportistas presentaron a documentación, representando a dezasete modalidades deportivas (motociclismo, vela, ximnasia, natación, natación artística, atletismo, taekwondo, ciclismo, esgrima, pádel, kick boxing, judo, squash, esquí náutico, motonáutica, patinaxe artística e golf).

Foron descartados seis deportistas ao non cumprir a totalidade de requisitos da convocatoria de axudas, mentras que as puntuacións dos outros 56 solicitantes (por participación en Campionatos do Mundo, de Europa ou de España e o equivalente en Copas) amosaron o alto nivel do deporte vigués na tempada 2017/18.

O presidente da Fundación Vigo en Deporte (VIDE), Manel Fernández, quere aplaudir o excelente traballo desenrolado polos mozos e mozas que competiron de xeito individual no exercicio 17/18. Esta é a quinta convocatoria de axudas que ten feito VIDE. Sumando os 20.000 euros de esta achega a vinte e tres deportistas, as bolsas que VIDE outorga dende 2014 foron para 120 deportistas e supoñen un investimento de 120.000 euros.

Puntuacións obtidas polas e polos solicitantes das bolsas 17-18