Cabecera Vide

Vide convoca aos clubs para renovar o convenio do Programa Siareiros

125logo-siareirosA Fundación Vigo en Deporte remitiu aos clubs da cidade a posibilidade de inscribirse no programa Siareiros 2009/2010. Esta iniciativa contempla como cada ano a posibilidade para os equipo de elite de incorporarse á opción Siareiro Elite, que permite cun só carné captar socios para ver todos os partidos dos equipos incluídos nese programa, e a opción Siareiro Club, que aglutina aos simpatizantes dos clubs de base que realizan unha pequena achega a modo de axuda.

A entrada en VIDE, onde a tempada pasada conviviron uns 40 clubs da cidade, supón ademais que a Fundación abone directamente ao IMD adestramentos das categorías base dos equipos modestos ou que se realicen achegas (doazóns) para que os clubs manteñan unha continuidade no tempo.

Como contrapartida, os clubs prestan a VIDE a súa imaxe e os seus deportistas para calquera acto ou campaña promocional que VIDE estime necesaria. O programa Siareiros é pioneiro en España e permite que a Fundación Vigo en Deporte e as empresas aliadas á iniciativa envórquense tanto co deporte de elite como co de base.

Convenio Siareiros 09.10 (1.73 MB)