Cabecera Vide

Vide pechou 2008 con máis ingresos e máis diñeiro para o deporte, e cun incremento dos fondos propios

presentacionmemoria2008Laura Magdalena, xerente da Fundación, presentou o pasado mes de xullo, no Concello xunto con Xabier Alonso, Presidente, a primeira memoria pública da Fundación VIDE nun empeño persoal de amosar transparencia na xestión dos recursos.

Ademais, anunciou estar "moi satisfeita polos resultados económicos de 2008, pois "incrementamos os ingresos en mais de 200.000 € (de 449.634 euros no 2007 a 652.863 no 2008, ao marxe da organización económica da Candidatura da Universiada que non supuxo ningún agravio) e conseguimos incrementar as axudas ao deporte (clubs e deportistas) en case 70.000 euros". Con especial entusiasmo tamén resalta que a Fundación conseguiu aumentar os Fondos Propios nuns 55.000 €, "que estaban baixos a consecuencia de resultados negativos de exercicios anteriores".

A fórmula para obter unhas contas saneadas ante a situación de crise económica, segundo explicou a xerente, foi "reducir gastos, buscando unha mellor xestión e optimizando os recursos que temos, é dicir, sen perder calidade", concluíu Laura Magdalena.

A citada Memoria, ademais de amosar o balance de situación e a conta de perdas e ganancias, contén un resumo dos programas deportivos realizados no 2008, gráficos comparativos e reparto de axudas. Servirá como instrumento informativo e de transparencia.