Cabecera Vide

Chano Rodríguez colgouse seis medallas nos Europeos de natación en Islandia

chanoeropeoislandiaO vigués Sebastián Rodríguez, “Chano”, rematou con seis metais os Campionatos de Europa de natación para discapacitados. Cinco medallas de ouro e unha de prata foron o seu botín na piscina de 50 metros e 10 rúas situada no Complexo de Natación Laugardalur de Reykjavik, a capital islandesa. O anterior Campionato de Europa celebrouse no ano 2001 en Estocolmo (Suecia).

Chano, deportista bolseiro por VIDE (recibiu bolsa elite ou bolsa paralímpica en 2003, 2004, 2005 e 2008), estivo pletórico e gañou tres preseas individuais (ouro en 50 libres, 100 libres e 200 libres) e outras tantas por equipos (ouro en 4x50 libres e en 4x50 estilos, e prata en 4x100 estilos, na que nadou a previa pero non a final) con España. O nadador demostrou que segue con férrea convicción a súa preparación para os Xogos Paralímpicos de Londres 2012.

Na natación paralímpica, os participantes divídense en trece clases, en función do seu tipo e grao de discapacidade. Dez delas engloban aos deportistas con parálise cerebral e discapacidade física (desde a S1 para os máis afectados ata a S10 para os máis leves), mentres que as outras tres agrupan a nadadores cegos (S11) e deficientes visuais (S12 e S13). Chano competiu en categoría S5.piscina-islandia

 

 natacion-europeo-islandia-l

 Resultados:

 50 M (151.54 kB)

 4x50M (151.54 kB)

 4x50 Estilos (152.65 kB)

 100 M (151.83 kB)       

 200 M (152.11 kB)