Cabecera Vide

Un faladoiro coloquio previo ao Celta-Avenida, outra aportación do Concello ao Memorial Paco Araújo

Memorial PacoO Concello de Vigo organiza este sábado (18:45 horas) un faladoiro coloquio no polideportivo municipal de Navia.
 
Baixo o título "A influencia de Paco Araújo", o tecido directivo, deportivo ou político lembrará a figura do presidente bosquista.
 
Polo de agora están confirmados Carlos Méndez, xerente e secretario técnico do Perfumerías Avenida -club campión da Liga Feminina-, Carlos Álvarez, presidente do Club Deportivo Bosco (o Celta Zorka), a vilagarciana Sara Gómez, xogadora do Kemegal Cortegada e céltica dende o ano  2009 ao 2012, e o concelleiro de Deportes de Vigo, Manel Fernández, que moderará o debate, falarán sobre a figura de Araújo dende varias perspectivas: directiva, política, deportiva... 
 
Esta actividade pretende reforzar o memorial, que xa conta cun torneo de minibasket con seis equipos de Vigo, Vilagarcía, Marín, Porriño, Ourense e A Coruña, que se inicia ás 9:30 horas, e co amistoso do Celta Zorka ante o Perfumerías Avenida, campión de Liga Feminina (20:00), con entrada libre.