Cabecera Vide

O Maniotas brilla na Euskalgym e agasalla á campioa olímpica Rita Mamún en Vitoria

RitaO Maniotas entrou no último trimestre do ano disposto a sumar triunfos. Organizador do Campionato de Galicia de conxuntos na modalidade de gimnasia rítmica hai dúas semanas, o club vigués clasificou catro conxuntos para o Nacional de rítmica, previsto en Murcia do 1 ao 4 de decembro. Un ano antes conseguira o pase de dous a Valladolid 2015, polo que agora duplicou resultados.
 
Ademais, a entidade viguesa presidida por Paula García, que este ano cumpriu tres décadas de historia, obtivo outro gran recoñecemento ao seu labor na Euskalgym, a XI Gala Internacional da ximnasia rítmica, celebrada esta pasada fin de semana no Buesa Arena vitoriano.
 
No evento máis importante do país -reúne a ximnastas de talle mundial e nove países nunha exhibición, xunto a 300 conxuntos de catorce autonomías para competir no torneo base e no federado-, as novas valores do club vigués, dirixidas por Menchu Suárez, asinaron un podio de nivel.
 
Así, o conxunto benxamín rematou en terceiro lugar. Non foi o único en competir, pois o Maniotas desprazou ata catro conxuntos máis.
 
A maiores, o club aproveitou a presenza en Vitoria da nova campioa olímpica de Río 2016, Margarita Mamún, Rita, para facerlle entrega dunha "medalla" moi especial. A bielorrusa colgou de inmediato a foto nas redes sociais, obtendo unha enorme repercusión (34.700 gústame hoxe venres). Rita agradeceu o detalle do Maniotas en Instagram: "The biggest medal from my lovely Spain! 
Moitas grazas! Quérovos a todos!".