As pistas municipais de Balaídos acollen dúas competicións durante a fin de semana

Imprimir
Cartel CeltaFin de semana completa para o atletismo en pista, tanto popular como federado.
 
Este sábado, os dous clubs célticos de atletismo organizan co patrocinio do Concello a terceira edición do Meeting Popular Celta no tartán do estadio de Balaídos (10:00 horas).
 
E o domingo, quenda para a terceira xornada do Circuíto Concello de Vigo de atletismo federado en pista (10:30 horas), coa organización do AVA.
 
Precisamente a terceira xornada do circuíto é a primeira coa programación da tempada ao aire libre, pois as dúas de xaneiro, en época invernal, desenvolvéronse segundo o programa de probas en pista cuberta.
 
O Celta pretende fomentar o atletismo en pista entre os atletas populares e as súas familias. Así, a inscrición, que está aberta ata hoxe xoves ás 20:00 horas en www.carreirasgalegas.com, é de balde salvo para a carreira da milla (1,61 kms.), que custa 5 euros. Onte mércores o número de inscritos para todas as probas era de 122. Ao longo do día de hoxe a cifra aumentará.
 
Polo que se refire á xornada dominical, coma sempre haberá importante representación de todos os clubs galegos. As tradicionais Series Municipais rematarán en xullo coa sétima e derradeira xornada. Antes tamén haberá probas en maio (dúas) e xuño. 
 
III Meeting Popular Celta - Regulamento e horarios
 
Xornada 3 - Series municipais