Acuerdo3O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, asinou catro patrocinios para a Fundación Vigo en Deporte (VIDE), dous deles renovacións de acordos e outros tantos novas incorporacións ao grupo de empresas colaboradoras coa fundación que preside o edil de Deportes.

Centro Comercial Camelias e Viaxes Zonda prolongaron un ano máis a súa aposta por VIDE, representados no momento de asinar o acordo por Ricardo Martínez Abril e Alice Martínez, respectivamente, mentres que Víctor García (Telepizza) e Javier Ara (Unidental) rubricaron o convenio para a súa incorporación por primeira vez.

O concelleiro vigués celebrou "esta aposta do sector privado polo deporte da cidade". En VIDE, xunto a Concello e PSA Groupe, os seus fundadores, figuran firmas tan recoñecidas como Gadis, Frutas Nieves, Coca-Cola, Vitrasa ou New Balance, entre outras. En total, quince empresas apoian esta acción municipal.