Nova promoción da Fundación VIDE e Viaxes Zonda para que os clubs do programa Siareiros acaden 50.000 euros

Imprimir

sorteo webA Fundación Vigo en Deporte (VIDE) incentiva aos clubs do seu programa Siareiros, de acordo con Viaxes Zonda, con 50.000 euros en boletos para o sorteo dunha viaxe.

Manel Fernández, concelleiro de Deportes e presidente de VIDE, deu luz verde a ampliar o número de rifas, que pasan das 30.000 do ano pasado ás 50.000 agora. Cun donativo de 1 euro a unidade, os clubs garántense entre este final de ano e principios de 2018 uns importantes ingresos atípicos, pois esta promoción xa supuxo en 2015 28.777 euros para eles e 30.000 o ano pasado.

A iniciativa rematará o 5 de febreiro e o sorteo terá lugar o día 10 de ese mesmo mes no descanso do partido CD Amfiv-Bilbao BSR de baloncesto en cadeira de rodas, no pavillón municipal Pablo Beiro, en Bouzas.

VIDE elexiu de novo un partido do Amfiv porque un ano máis é o club de superior categoría (División de Honra) dos representados no programa Siareiros.

A viaxe ás Covas de Cantabria, previsto do 13 ao 15 de abril de 2018, inclúe traslado en autopullman dende Vigo, visitas a Santander, as Cuevas del Soplao, Museo de Altamira e Neocueva, Santillana do Mar, San Vicente de la Barquera e a localidade empedrada de Castrillo de los Polvazares (León).

Bases promoción da viaxe ás Covas de Cantabria