Cabecera Vide

Hyundai, automóbil oficial do Torneo Concello de Vigo de fútbol 8 e da San Silvestre grazas a Hyupersa Vigo

firmahyundaiHyupersa Vigo, concesionario oficial de Hyundai, incorporouse ao grupo de patrocinadores do Torneo Concello de Vigo de Nadal, de fútbol 8 e fútbol, que se disputará dende hoxe martes 26 ao sábado 30 deste mes, e tamén ao grupo de firmas que apoian a San Silvestre do 31. 
 
Manel Fernández, concelleiro de Deportes e presidente da Fundación VIDE, asinou o convenio de colaboración co director de Vendas da empresa viguesa, Antonio Cerviño, en representación de Hyupersa Vigo.
 
O concesionario vigués dos automóbeis surcoreanos será así ou coche 0 da tradicional e multitudinaria San Silvestre, ademais do vehículo oficial do Torneo de Nadal, que reúne a uns 2.000 nenos e nenas por quinta edición consecutiva.
 
Entre torneo de fútbol e San Silvestre, o Concello de Vigo, principal patrocinador e impulsor destes eventos, conta co apoio de oito empresas privadas; delas, tres (Hyupersa, Frutas Neves e Coca-Cola) repiten nas dúas manifestacións deportivas.
 
No Torneo de Nadal Hyupersa expón a súa marca na contorna do Municipal Pahiño, en Navia.
 
O apoio do sector privado é "fundamental" para que o Concello, por medio da Concellería de Deportes e da Fundación Vigo en Deporte, poida garantir a calidade e continuidade de eventos dunha enorme participación.