1523538262ClubsDeportivosO Concello de Vigo abriu o prazo para que as entidades organizadoras de eventos poidan solicitar datas do primeiro semestre do 2019 para as súas competicións.

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, dirixiuse hoxe por carta ás organizacións de campionatos ou torneos no municipio. O motivo, lembrarlles que ata o 7 de decembro poderán solicitar datas dos primeiros seis meses do novo ano.

A medida, que funciona dende hai tres anos, permite coñecer con antelación o calendario de probas da cidade, tanto na rúa como nos complexos deportivos municipais, para unha mellor visibilidade deles e tamén para unha xestión máis áxil dende o departamento de Deportes.

No presente artigo pódese ver, ademais da carta do edil, a folla tipo habitual e os datos necesarios. A solicitude ten que entregarse no Rexistro Xeral do Concello.

Carta concelleiro presentación bases eventos deportivos 2019

Concello de Vigo Eventos deportivos Anexo I