Rifa Vide 2018 okA Fundación Vigo en Deporte ven de anular un total de 650 papeletas (números de matriz do 41.751 ao 42.400) do sorteo dunha viaxe de fin de semana para recadar fondos para os clubs do programa Siareiros, co patrocinio de Viaxes Zonda. Entregados á A.D. Carballal (balonmán), a entidade deportiva avisou a VIDE da subtracción dos boletos da súa sede social.

Os 48.000 boletos para o sorteo entregados aos clubs da cidade suporían 48.000 euros pois a unidade fixa unha doazón de 1 euro. Porén, esas 650 papeletas quedan anuladas e excluídas do bombo.

VIDE quere advertir deste feito para evitar que outras persoas alleas ao Carballal poidan facer negocio con eses números (do 41.751 ao 42.400). As demais numeracións non teñen ningún problema.

O sorteo terá lugar na fin de semana do 9 ao 10 de febreiro no pavillón municipal Pablo Beiro, en Bouzas, no descanso do partido entre o Iberconsa Amfiv e o Bidaideak Bilbao, da Division de Honra de baloncesto en cadeira de rodas.