Cabecera Vide

XI Campionato de España de Fútbol 7

vigo en xogo 1

Bo papel da selección de fútbol 7 da liga Vigo en Xogo, da Agrupación Deportiva Vigo, que competiu representando a Vigo, no XI Campionato de España de Futbol 7, que se celebrou os días 20 e 21 en Salamanca.

Nesta competición participaron 30 equipos, clasificándose para 8º de final, despois de empatar a 2 con Talleres González Montañés de Valencia e gañar por 5 a 3 ao equipo Rayo Éxtasis de Toledo.

En 8º e despois de remontar un 3 a 0 adverso contra o equipo Tetror Activos de Jaén, a selección perdeu no lanzamento de penaltis por 2 a 3.

vigoenxogo 2Desta selección de Vigo, foron convocados para formar parte da selección de España os seguintes xogadores: José Raimundo (Mundi), Saturnino Álvarez (Tuni), Adrián Alberto Rodríguez e Juan Carlos Domínguez (Litus), enfrentándose coa selección de Xapón.

Neste partido despois de empatar 2 a 2, e despois do lanzamento de penaltis proclamouse campión a selección de Xapón.