Axenda

Memorial Salvo

Sábado 15 Setembro 2018 09:00 - 19:00

Cartel QuinoMorabanc Andorra (Liga ACB) e Futebol Clube do Porto (Liga Placard) disputan a terceira edición do encontro anual que lembra a figura de Joaquín Salvo, "Quino", xogador vigués que chegou ata a máxima categoría saltando dende o Club Deportivo Bosco ao Obradoiro de Santiago no ano 1975. O enfrontamento, que é a terceira edición do certame, será o sábado 15 ás 20:00 horas no Pavillón Central das Travesas.

O conxunto do Principado acadou o sexto lugar no campionato español o exercicio pasado, mentres que o Porto, adestrado polo ferrolano Moncho López, leva tres tempadas consecutivas xogando a final do campionato luso, que gañou na campaña 15/16.  

Ademais haberá outros actos paralelos ás 10:00 horas (ata as dúas), na Praza do Rei co torneo de minibásquet alevín masculino e feminino no que participarán unha ducia de equipos de Vigo, O Porriño, Marín, Cangas e Tui, e unha charla coloquio no Hotel NH Palacio de Vigo (16:00) cos adestradores de Andorra e Porto xunto cunha institución como Pepe Laso.

Localización : Pavillón Central das Travesas

Volver