Imprimir

O campus polideportivo VIDE abre a súa inscrición o vindeiro 3 de xuño

campus09O programa estrela conxunto de VIDE, o IMD e a Concellería de Deportes xa está en marcha. O Campus Polideportivo 2013 celebrarase do 25 ao 28 do mes de xuño nas instalacións do IMD das Travesas. Para a décimo cuarta edición, a Fundación Vigo en Deporte decidiu manter o mesmo prezo que rexe no campus polideportivo dende 2007. O campamento, para nenos e nenas de 8 a 14 anos, conta con 200 prazas e desenvolverase este ano coa novidade do horario de comezo, será ás 9:00 h. (unha hora antes que as pasadas edicións) e finalizará coma sempre, ás 18:00 h. de martes a venres, ao ser o luns festivo con motivo do día de San Xoán.

O alumnado come nas instalacións do IMD e, ademais de practicar os deportes habituais (baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala e hóckey a patíns), tamén se introduce no coñecemento doutras modalidades deportivas, este ano co cachibol e o kimball como novidade. Ademais das habituais actividades complementarias de piscina e excursión ás Illas Cíes.

Como é habitual, o evento contará co apoio de clubs de elite e de base da cidade (RC Celta de baloncesto feminino, Coruxo FC, Vigo Voleibol, Xuvenil de Teis, Academia Octavio, Traviesas H.C. e Agrupación Cachibol Vigo), a Concellería de Deportes e o Instituto Municipal dos Deportes (IMD), que cede as súas instalacións centrais.

A inscrición, que se abrirá o 3 de xuño, luns, ás 9 horas, na sede de VIDE, custará 65 euros por alumno/a, é dicir, o mesmo prezo por sétimo verán consecutivo.

Ata agora máis de 2.600 alumnos e alumnas pasaron xa por este campus, que abriu as súas portas no verán do 2000.

Xa está dispoñible a folla de inscrición e a folla informativa:

Folla de inscrición (2.18 MB) Folla informativa (447.76 kB)