Cabecera Vide

Manel Fernández dille aos nenos e nenas do campus VIDE Concello de Vigo que o deporte é saúde e forma para a vida

visitamanel campusManel Fernández, concelleiro de Deportes e presidente de VIDE, visitou o campus polideportivo que a Fundación Vigo en Deporte organiza xunto co IMD e a propia Concellaría, para animar aos nenos participantes e coñecer o seu grao de satisfacción cos deportes que se imparten e co traballo dos monitores.

O edil estivo a charlar animadamente cos nenos e nenas, que nese momento se atopaban no Central de As Travesas, na pista Vermella e no frontón, e preguntoulles tamén pola visita a Cíes do día anterior.

O concelleiro animou aos deportistas a que seguisen adestrando pero sen descoidar os seus estudios e tamén xogou un anaco con eles ao voleibol.

Galería fotográfica

Horarios Campus