Imprimir

Abel Caballero e Manel Fernández entregaron os diplomas aos participantes no campus VIDE

campus2015O campus polideportivo de VIDE rematou o venres coa tradicional entrega dos diplomas, a xornada de portas abertas aos pais e nais e un sorteo de agasallos no pavillón central das Travesas. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes e presidente da Fundación Vigo en Deporte, Manel Fernández, asistiron á xornada final facendo entrega dos diplomas.

O campus polideportivo, patrocinado pola Concellería de Deportes e o IMD, foi un ano máis un éxito de participación e tamén de compromiso dos clubs de elite e de base que amosan os seus deportes aos nenos.

Ao longo da semana, colgaremos todas as fotos do campus. 

Galería fotográfica