Imprimir

Manel Fernández suliña a enorme tradición do Campus polideportivo, que esgotou as prazas 2016

visitamanel campusNon quedan máis prazas. A décimo sétima edición do Campus Polideportivo VIDE, en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Vigo que lidera Manel Fernández, que se desenvolverá do vindeiro 27 xuño ao 1 de xullo, esgotou as súas 200 prazas.

O campus desenvolve un horario óptimo para as familias, os nenos e nenas, que rematan  o curso uns días antes, entran ás 9:00 horas e vanse ás 18:00 horas (comen no propio Complexo Deportivo das Travesas) e está dirixido por adestradores e monitores cualificados de varias entidades deportivas punteiras da cidade, o que achega ás familias unha garantía sobre a calidade da aprendizaxe do alumnado.

Ademais, a visita a Cíes, que este ano será o mércores 29, fomenta a interrelación dos nenos e nenas co medio ambiente e entre si, sendo unha das actividades máis celebradas nesa intensa semana deportiva.

Na galería fotográfica están dispoñibles todas as fotos das edicións anteriores.

Enlace galería fotográfica

Folla de información do Campus