Imprimir

Os campus de VIDE voltarán no 2018 despois do gran éxito das iniciativas de Samil e a ETEA

campus samil mdibuja 3O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes e presidente de VIDE, Manel Fernández, clausurou o terceiro e derradeiro campus polideportivo organizado pola Fundación Vigo en Deporte para este verán.

Nas tres últimas semanas, sempre de luns a venres e de forma consecutiva, VIDE, dependente da Concellería de Deportes, organizou, ademais do seu tradicional campamento nas Travesas (26 ao 30 do mes pasado), outro no complexo deportivo municipal da ETEA (3 ao 7 de xullo) e o concluído hai uns días nas instalacións de Samil (do 10 ao 14).

Das 400 prazas dispoñibles entre os tres campus, o dobre que as que VIDE ofrecía cada verán, o atractivo da proposta levou a colgar o cartel de completo nas Travesas e Samil. Na suma total, case 370 nenos inscritos e preto dun 92% das prazas cubertas.

O dato dos campus coordinados por José Luís Rial ten sido tan satisfactorio que o Concello dará continuidade á idea en 2018. Tenis, rugby, ximnasia, pádel, piragüismo ou kayak foron algunhas das modalidades que se puideron incorporar coa posta en marcha dos novos campus da ETEA e Samil. Con máis técnicos e monitores das principais entidades deportivas de Vigo, os campus VIDE deron un importante salto cualitativo.