Dez últimas prazas para o Campus Polideportivo

campusA catro días do comezo do XVI Campus Polideportivo VIDE, quedan dez prazas disposibles. Un total de 190 nenos/as -de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos-inscribíronse xa para participar, da man das mellores entidades deportivas da cidade, da práctica deportiva dende a súa iniciación ao seu perfeccionamento.

 

O millor menú para os deportistas do futuro

campus cies futbolA unha semana do comezo do Campus Polideportivo de VIDE, para o que aínda quedan prazas, xa dispoñemos do menú que degustarán os nenos e nenas que participarán nun dos programas estrela da Fundación, en colaboración coa concellería de Deportes e o Instituto Municipal de Deportes (IMD).

 

Oito patrocinadores privados apoian o campus de VIDE, aínda con prazas

campus ciesA inscrición para o XVI Campus Polideportivo VIDE, continúa aberta ata rematar prazas. O luns, primeiro día de inscrición, houbo unha morea de persoas para anotar a rapaces e rapazas, con xente esperando dende as 7 horas a que se abrira o prazo ás 9:00 da mañá.

 

Aberta a inscrición do Campus Polideportivo VIDE

campus 14 biciEsta mañá abriuse o prazo de inscrición do Campus Polideportivo da Fundación VIDE, en colaboración coa Concellería de Deportes e co Instituto Municipal de Deportes (IMD).  Esta edición, a décimo sexta, desenvolverase do 22 ao 26 de xuño.

 

O Campus Polideportivo de VIDE 2015 celebrarase do 22 ao 26 de xuño nas Travesas

clausura campus 2011O programa estrela conxunto de VIDE, o IMD e a Concellería de Deportes xa está en marcha. O XVI Campus Polideportivo 2015 celebrarase do 22 ao 26 do mes de xuño nas instalacións do IMD das Travesas.