Abel Caballero e Manel Fernández entregaron os diplomas aos participantes no campus VIDE

campus2015O campus polideportivo de VIDE rematou o venres coa tradicional entrega dos diplomas, a xornada de portas abertas aos pais e nais e un sorteo de agasallos no pavillón central das Travesas. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes e presidente da Fundación Vigo en Deporte, Manel Fernández, asistiron á xornada final facendo entrega dos diplomas.

 

Xornada de clausura Campus Polideportivo

campuslunes 2A décimo sexta edición do Campus Polideportivo VIDE chega mañana a súa fin. Os douscentos nenos e nenas vivirán as súas últimas horas de deporte e convivencia cuha xornada de portas abertas na que pais, nais, avós... poderán comprobar por eles mismos como os seus nenos e nenas practican deporte da man dos mellores monitores dos clubs da cidade.

 

Manel Fernández dille aos nenos e nenas do campus VIDE Concello de Vigo que o deporte é saúde e forma para a vida

visitamanel campusManel Fernández, concelleiro de Deportes e presidente de VIDE, visitou o campus polideportivo que a Fundación Vigo en Deporte organiza xunto co IMD e a propia Concellaría, para animar aos nenos participantes e coñecer o seu grao de satisfacción cos deportes que se imparten e co traballo dos monitores.

 

O Campus VIDE Concello de Vigo trasladouse onte a Cíes e hoxe espera a visita de Manel Fernández

cies voleiSegunda xornada a que viviu onte o XVI Campus VIDE Concello de Vigo. Unha ano máis, os douscentos nenos e nenas, acompañados de vinte monitores, pasaron a xornada nas Islas Cíes, o paraíso que aspira a patrimonio da humanidade.

 

Douscentos nenos e nenas coñecen Cíes, o paraíso que aspira a patrimonio da humanidade, co campus VIDE Concello de Vigo

salida ciesHoxe, a segunda xornada do campus polideportivo VIDE Concello de Vigo, terá como escenario o idílico paraíso das Illas Cíes, por cortesía de Mar de Ons. Acompañados dos monitores, partían rumbo a pasar unha xornada de deportes e ocio ao aire libre no Parque Natural Illas Atlánticas.