O alcalde anuncia que Vigo disporá dunha instalación permanente cuberta para a práctica de deportes urbanos

marisquinoAbel Caballero indicou que Vigo disporá nos primeiros meses de 2015 dun "Marisquiño permanente e cuberto" para a práctica de deportes urbanos o que convertirá a Vigo nun referente internacional nestas disciplinas deportivas e "nesta nova forma de entender a cultura".

O rexedor municipal fixo este anuncio durante o balance das Festas de verán de Vigo, que foron en palabras do propio alcalde "as mellores da historia da cidade, e as mellores de toda as cidades galegas".

O rexedor quixo lembrar que O Marisquiño ten acadado nos últimos anos e grazas o apoio incondicional do Concello de Vigo unha dimensión e proxección internacionais cun beneficio económico para a cidade moi importante e cunha ocupación hoteleira próxima o 100% durante a celebración deste evento. Por todo esto, o alcalde indicou que xa deu a orde para iniciar os trámites necesarios para a posta en marcha dunha instalación permanente para a practica de deportes urbanos e que podería estar en marcha no primeiro trimestre do ano 2015.