O Octavio ficha a Tate Batán

O Academia Octavio pechou a fichaxe do lalinense Tate Batán (1996). Xogador con grandes dotes defensivos que ademais pode posicionarse tanto en ataque como de pivote. Tate, que debutará co Octavio este sábado en A Coruña no partido ante o Gijón Jovellanos e empezará a adestrar co equipo vigués o próximo luns, aceptou a proposta do Octavio porque "é un grande club dende hai moitos anos, moi importante para o balonmán galego. Non esperaba que quixesen contar comigo para xogar en Prata. É un privilexio para min estar nesta categoría con 18 anos".