Cabecera Vide

A Fundación apoia o Celta no seu 40 aniversario

40anosceltalaura

A Fundación Vigo en Deporte continúa dando pasos en apoio do deporte local. Así, VIDE tamén apoia o 40 aniversario celeste, ao que achega loxística e coordinación coa Concellaría de Deportes ademais de voluntarios.

Dende que en maio pasado se puxo en marcha o programa de actos co partido internacional feminino España-Cuba, VIDE tivo presenza activa tanto na comisión organizadora coma na loxística de cada evento, mesmo coa participación directa do presidente da fundación, Xabier Alonso, e da directora xerente, Laura Magdalena.