Colaboradores

Vigo é un terreo de xogo que desenvolve unha gran oferta de actividade deportiva a través de 230 clubs en máis de 40 disciplinas. SIAREIR@S ofréceche a posibilidade de poder participar directamente destas actividades a través da obtención dalgunha das tarxetas de socios SIAREIR@S.

Para facerte siareir@ podes ir ás oficinas do  club , e alí cumplimentar o formulario de inscrición.

Hai dous modelos diferentes; ao facerte socio podes optar por: Carné Siareir@ Club ou Carné Siareir@ Elite.

Folla inscrición siareiros

CARNÉ SIAREIR@ CLUB

Con esta tarxeta, que custa coma sempre 6 euros, preténdese desenvolver unha campaña de dinamización para a captación de socios das entidades deportivas de Vigo ofrecendo un producto moi interesante para todas as persoas interesadas na actividade deportiva.

Vantaxes para as entidades adheridas ao programa Siareir@s CLUB:

1) Participar no programa de promoción de captación de socios a través da autorización para a dinamización da Tarxeta Siareir@ CLUB.
2) Obter as vantaxes da xestión de socios a través do programa de VIDE Siareir@s.
3) Ser beneficiario das promocións exclusivas do programa SIAREIR@S, descontos en empresas colaboradoras, participación en promocións, estar presente na páxina web de VIDE, etc.
4) Obter as axudas para o uso das instalacións deportivas municipais.
5) Xestionar a través de Siareir@s a captación de empresas colaboradoras.
6) Ofrecer a todos os socios e socias as vantaxes do carné Siareir@ Club.

Vantaxes do CARNÉ SIAREIR@ CLUB:

1) Participar directamente da actividade do club a través do cal te fas Siareir@.
2) Como socio Siareir@ poderás obter grandes vantaxes:

- Participar en sorteos promovidos dende a Fundación VIDE.
- Ter descontos especiais en comercios adheridos ao programa Siareir@s.
- Recibir información de interese deportivo da cidade de Vigo.
- Ter acceso persoal ás accións dinamizadas dende a Fundación VIDE para o programa Siareir@s.
- Participar a través da web da Fundación VIDE.

CARNÉ SIAREIR@ ELITE

Se realmente che gusta o deporte, e queres disfrutar dos éxitos dos clubs deportivos de Vigo, esta é a túa tarxeta SIAREIR@. Con ela, este ano de cor verde, poderás ser SIAREIR@ ELITE co teu equipo favorito, e ademais colaborarás no proxecto deportivo do equipo.

1.- Colaborarás co teu club de forma directa. A máis soci@s, máis axudas poderá conseguir a entidade da Fundación VIDE.
2.- Poderás asistir de balde a todos os partidos de competición do teu equipo, pero tamén dos outros once conxuntos do programa SIAREIR@S .
3.- Poderás participar das ofertas deportivas, así como dos sorteos e premios que SIAREIR@S achegará durante toda a tempada dende a páxina Club SIAREIROS-FARO DE VIGO, a web, os clubs ou nos propios partidos.