Colaboradores

SIAREIR@S é un programa de apoio aos clubs deportivos da cidade de Vigo, a través da promoción das súas actividades. O principal obxectivo de SIAREIR@S é conseguir incrementar o número de soci@s de cada club da cidade, para consolidar a traxectoria deportiva destas entidades, nunha cidade cimentada nos valores deportivos da honestidade, o esforzo e a saúde.

Baixo o lema Somos Siareir@s, somos deporte, complementario do xeral que aporta a Concellería de Deportes (Vigo, terreo de xogo), esta é unha iniciativa única en toda España, que aglutina a unha parte importante dos clubs deportivos de Vigo a través dun proxecto definitivo, o cal amosa a todos os vigueses e viguesas a meirande oferta deportiva local.

Obxectivos de Siareir@s

Siareiros naceu, por tanto, con tres obxectivos principais:

1) Alentar ao deporte base da nosa cidade co fin de crear unha sociedade cimentada nos valores deportivos da honestidade, soliedariedade e saúde.

2) Axudar aos equipos de Vigo a facerse un oco no máis alto do deporte nacional.

3) A posibilidade para os equipos de Vigo de poder adestrar nas instalacións municipais de forma gratuíta.

 Folla de inscrición (2.77 MB)

125logo-siareiros