Colaboradores
| Máis de 1.000 volumes, na biblioteca VIDE |
|
|
|
|
A Biblioteca Deportiva da Fundación Vigo en Deporte (VIDE) iniciou a súa actividade o 9 de maio de 2003 e pon a disposición do usuario ou usuaria máis de mil volumes de todo tipo en galego, castelán, portugués, italiano e inglés, pois VIDE adquiriu publicacións do Reino Unido, Italia e Portugal. A biblioteca, que posúe historias de clubs e/ou deportes, documentación técnica de diversas modalidades, enciclopedias de deportes ou dicionarios, é a máis importante que existe en Vigo e adoita ser visitada fundamentalmente por técnicos, aínda que o seu acceso é libre e gratuíto nos horarios da Fundación. Os libros poden consultarse na propia sede de VIDE (rúa Cesáreo González, s/n; IMD das Travesas). VIDE admite tamén o préstamo de libros cubrindo unha ficha que se entrega na propia fundación. Ademais, VIDE posúe soportes técnicos para consultar vídeos, CD Rom ou casetes de diversos temas. A última incorporación ao catálogo da biblioteca municipal foi a finais de xuño pasado o libro “Historias de sticks”, impulsado precisamente por VIDE e que deu pistoletazo de saída ao Mundial de hóckey a patíns de Vigo 2009.
|








































