Colaboradores
Taekwondo/Forum FISU
| Máis de 7.000 participantes en xogo |
|
|
|
|
A Fundación Vigo en Deporte apoia ou organiza diversas competicións. Conxuntamente coa Concellaría de Deportes xestiona o Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares, unha nova "liga" que pretende fidelizar a participación nas cinco carreiras pedestres que hai en Vigo cada ano. Mediante un sistema de puntuación segundo idade, tanto para categoría masculina como feminina, a final de ano determinaranse os campións. O atletismo non é o único deporte que VIDE apoia. Vigo en Xogo, competición mixta e recreativa xestionada pola Agrupación Deportiva Vigo, recibe unha doazón de VIDE. De outubro a xuño, uns 4.000 participantes benefícianse deste acordo e practican fútbol 7 (172 equipos), fútbol sala (118) e baloncesto (28). Ademais, outro torneo entra en xogo cada verán. A Vigo Cup move uns 3.000 participantes durante unha semana cada verán.
|

































Competicións


