Colaboradores
| Manel Fernández, nomeado novo concelleiro de Deportes do Concello de Vigo |
|
|
|
| 14/06/2011 |
Manel Fernández foi designado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, novo concelleiro de Deportes da cidade para o mandato municipal 2011-2015.O rexedor asinou ao mediodía deste luns o decreto de delegación de competencias para os concelleiros do PSdeG-PSOE, no que o vigués encargarase da área de Deportes e tamén de Normalización Lingüística.
Fernández Pérez formou parte do persoal do estaleiro vigués de Hijos de J. Barreras dende 1965 ata a súa xubilación. Tamén ocupou a dirección comarcal de CC OO entre 1981 e 2004. Sucede no cargo de concelleiro de Deportes a Xabier Alonso (BNG): dáse a circunstancia de que na nova Corporación, formada este pasado sábado, figuran ata catro políticos que dirixiron ou dirixen a Concellería de Deportes: José Manuel Figueroa (1995-1999, PP), Santiago Domínguez (1999-2003, BNG), Xabier Alonso (2007-2011, BNG) e Manel Fernández (PSdeG). |







































Manel Fernández foi designado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, novo concelleiro de Deportes da cidade para o mandato municipal 2011-2015.