Colaboradores
| Os clubs acordan conxelar o prezo dos abonos Elite para a tempada 2010/2011 e crear dúas novas categorías |
|
|
|
| 07/06/2010 |
Os clubs de elite da Fundación Vigo en Deporte aprobaron o prezo dos abonos para a tempada 2010/2011.Nunha reunión mantida na sede de VIDE entre os representantes das entidades deportivas e Xabier Alonso e Laura Magdalena, presidente e directora xerente de VIDE, respectivamente, o acordo acadado por unanimidade incluíu algunhas novidades.
Os mesmos dende 2007. Cunha proposta de partida de VIDE, os presidentes votaron sen dubidalo a conxelación dos abonos da tempada 2010/2011. Nove meses atrás expúxose estudar un posible incremento do valor dos abonos, pero agora esa idea foi descartada de plano. Aínda que o prezo dos abonos do programa Siareiros Elite mantense igual dende 2007 (mentres o IPC subiu en Galicia un 5% de xuño a hoxe), as entidades deportivas entenden que "non é o momento" de gravar aos seus socios, polo que novos, universitarios, adultos e xubilados poderán seguir gozando do seu carné polo mesmo prezo de hai tres tempadas.
Coa aprobación da táboa de prezos, os clubs xa teñen capacidade para captar novos abonados ou iniciar o proceso de renovación dos mesmos. En 2009, os clubs pediran axilizar a toma de decisións sobre os carnés, como así foi, a fin de dispor de máis tempo para organizar a campaña de socios. Ademais, os clubs aprobaron dous novos tipos de abono, o abono 2011, que para quen non se poida enganchar ao principio de tempada permitiralle seguir aos seus equipos desde xaneiro a xuño de 2011, dentro desta vindeira tempada, e o abono VIP, unha serie limitada de carnés Elite para presenciar os partidos dende o palco xunto a directivos e autoridades políticas e deportivas. Novo punto de venda. Como cada ano, serán os propios clubs, ben a través da domiciliación do recibo, ben en determinados horarios de oficina ou nos días de partido, os que xestionen a venda de carnés Siareiros. Clubs e fundación consideran fundamental o trato directo cos seus abonados. Ademais, este verán incorporarase unha novidade: durante o horario de oficina da Fundación VIDE esta poderá xestionar novos carnés ou renovacións. É un novo servizo de apoio ás entidades deportivas locais, que así amplía de facto o horario de atención ao socio Siareiro. A xerente Laura Magdalena anunciou que se está estudando a posibilidade de que exista ademais un punto de recollida dos carnés 2010/2011 con horario flexible para maior comodidade dos socios.
Á reunión acudiron representantes de todas as entidades do programa Siareiros Elite a excepción do Cidade de Vigo Básquet.
|







































Os clubs de elite da Fundación Vigo en Deporte aprobaron o prezo dos abonos para a tempada 2010/2011.