Rematou o prazo de inscrición bonificada na Vigo Cup, xa con equipos de Portugal, Madrid e Castela-León PDF Imprimir Correo-e
21/05/2012
sab
A Vigo Cup 2012 segue a queimar etapas.
Este venres concluíu o prazo para a inscrición bonificada dos equipos que queiran participar nesta duodécima edición do torneo internacional.
Ler máis...
 
O BTT galego e portugués cítanse esta fin de semana en Fragoselo coa novidade dunha cronoescalada PDF Imprimir Correo-e
18/05/2012
18052012ciclismo

Esta fin de semana, o Club Ciclista Coruxo organiza dúas probas de bicicleta de montaña que moverán a uns 350 corredores.

Dende 2010, o C.C. Coruxo monta o Mini-BTT Montes de Coruxo, en Fragoselo, e nesta edición incorpórase como novidade unha cronoescalada.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu a unha representación dos e das ciclistas do C.C. Coruxo, encabezada polo seu presidente, Ángel Álvarez, e o vicepresidente, José Vila.

A nenos e nenas do club destacoulles Caballero "a dificultade do ciclismo de montaña e o compoñente ambiental destas probas", nun dos pulmóns dos que Vigo goza.

Ler máis...
 
Caballero felicita ás participantes pola "arte sublime" amosada no Día do Patín, nas Travesas PDF Imprimir Correo-e
18/05/2012

Outro exitazo. O Día do Patín reuniu ao longo da xornada de onte a unhas 6.000 persoas no Pavillón Central das Travesas. Con preto de 2.000 patinadores e patinadoras, as bancadas convertíronse nun enxame de cámaras fotográficas e de vídeo, seguindo as evolucións de coidadas coreografías e imaxinativos vestiarios.

Pola mañá, a quenda foi para as máis cativas e fundamentado nos colexios; xa polo serán, o protagonismo maior recaeu nos clubs. O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, asistiu tanto á sesión matinal como á vespertina, mentres que o alcalde da cidade, Abel Caballero, acudiu á sesión da tarde, felicitando aos grupos e procedendo tamén á entrega de diplomas participativos.

Ler máis...
 
A patinaxe artística cítase hoxe nas Travesas polo Día do Patín PDF Imprimir Correo-e
17/05/2012
Como cada ano, esta festa da patinaxe artística reúne hoxe a unha das escolas deportivas municipais máis numerosa e a clubs, entidades deportivas e centros de ensino que imparten esta modalidade. É a actividade máis importante que o Instituto Municipal dos Deportes organiza de forma directa no que vai de ano e disporá de 40 monitores para o control da proba.

Ler máis...
 
A Copa Xunta segue a ser cousa do Iveco Uvigo, que gañou ao CRAT na Coruña PDF Imprimir Correo-e
15/05/2012
copa-xunta
O inicio do choque estivo marcado polo corredor que o Universidade de Vigo Iveco realizoulle ao conxunto coruñés polo seu ascenso á División de Honra B.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>