Colaboradores
| VIDE e os clubs rebaixan o prezo do carné Siareiro Elite familiar e individual ata final da tempada |
|
|
|
| 12/01/2012 |
Novo ano, novo prezo aproveitando a tempada de rebaixas.A Fundación Vigo en Deporte, de acordo cos clubs adscritos ao programa Siareiros Elite, comezou unha nova campaña de captación de socios, do mesmo xeito que sucedeu na tempada 2010/2011.
A medida pretende, agora que as ligas comezan a segunda volta dos seus campionatos, favorecer a entrada de novos siareiros e siareiras por un prezo axustado ao número de encontros que quedan por disputarse.
Así, os clubs decidiron xa no verán pasado que dende este mes ao 30 de xuño, o valor do carné individual Elite e familiar Elite reducirase. O individual custaba 95 euros para toda a tempada, e agora o seu prezo será de 60 euros; mentres, o carné familiar, que dá dereito a inscribir a cinco membros da unidade familiar, pasa a 100 euros, cando antes custaba 150 €.
Con esta actuación, os clubs e VIDE pretenden ser sensibles co afeccionado local e primar a súa asistencia aos partidos. Esta idea leva dous anos en marcha e naceu pola demanda de seguidores que decidían incorporarse ao movemento asociativo coa tempada xa en marcha. O resto de tipos de carné manteñen o seu prezo. |







































Novo ano, novo prezo aproveitando a tempada de rebaixas.