|
07/06/2010 |
 Os clubs de elite da Fundación Vigo en Deporte aprobaron o prezo dos abonos para a tempada 2010/2011.
|
|
Ler máis...
|
Saca o Siareiro que levas dentro (1.38 MB)
Para esta tempada os prezos dos carnés SIAREIROS continuarán conxelados atendendo á situación económica actual. Os afeccionados/as que queran ter un carné Familiar deberán presentar a fotocopia do DNI dos titulares e a do Libro de Familia.
Incorpóranse posibilidades para sectores específicos: o parado, o pensionista (se é ou non pensión non contributiva, PNC) e a unidade familiar que non acade os 3.540 euros anuais, per cápita, ou de 5.530 € no caso de familias numerosas (é dicir, un mínimo de ingresos anuais).
A documentación necesaria, segundo os casos, é:
- Fotocopia do Libro de Familia ou título de familia numerosa e declaración da renda de pai e nai (Familiar especial).
- Declaración da renda (Pensionista PNC).
- Tarxeta universitaria (Universitario).
- Cartilla do paro (Parado).
|
|
A Fundación Vigo en Deporte remitiu aos clubs da cidade a posibilidade de inscribirse no programa Siareiros 2009/2010. Esta iniciativa contempla como cada ano a posibilidade para os equipo de elite de incorporarse á opción Siareiro Elite, que permite cun só carné captar socios para ver todos os partidos dos equipos incluídos nese programa, e a opción Siareiro Club, que aglutina aos simpatizantes dos clubs de base que realizan unha pequena achega a modo de axuda.
|
|
Ler máis...
|
|
Se es un club, formalizaches o convenio de colaboración con VIDE e desexas facer siareiros, tan só necesitas cubrir as fichas de inscrición. Pásate por VIDE a recollelas ou ben descárgateas aquí mesmo.
Ficha de inscrición siareiros (107.74 kB)
|