hollirunA Holi Run volve por segundo ano consecutivo o domingo 25 de outubro ás 11:00 horas na contorna da praia de Samil despois do aprazamento sufrido o pasado día 11. A proba, que se pode facer correndo ou andando, ten o único obstáculo de que os seus participantes rematan os 5.000 metros do circuíto pintados de mil cores, pois ao longo do percorrido espéranlles 8.000 quilos de po de cores. A Concellería de Deportes apoia este evento e o Concello facilita a loxística para o seu perfecto desenvolvemento.