ciosExcelente fin de tempada para o Club Cios Vigo de fútbol sala, adestrado por José "Pelucas" e con Juan José Cabaleiro coma delegado. Rematou subcampión do Torneo de Celanova en infantís, campión do Torneo de Leis en Pontevedra en infantís tamén e subcampión en alevín. Venceu no Torneo Internacional Eduardo Pajuelo en categoría alevín, rematando a liga provincial en terceira posición. Pola súa banda, os infantil B gañaron a Liga Infantil do Grupo 1.