O Cios Vigo Pelucas F.S infantil proclamouse Campión do Torneo Cidade de Lugo onde están moitas das mellores canteiras de toda España como UD As Rozas Boadilla, Imperial, Tierno Galván, Moprisala Toledo, Reino Kilama Salamanca, Cidade de Toledo entre outras, sumado aos mellores clubs galegos, onde houbo unha fase previa de 3 días en todas as categorías e os mellores e os equipos invitados compoñen a fase final deste prestixioso torneo.

O Cios Vigo Pelucas F.S impúxose despois de derrotar a moi bos equipos como o Celanova F.S (6 de España hai 4 anos), Moprisala Toledo (Semifinalista do Campionato de España), UD As Rozas Boadilla ou en Semifinais ao Cidade de Toledo por 5-2 e na Final derrotariamos ao Reina Kilama Salamanca F.S por 4-2.

Os Xuvenís do Cios Vigo Pelucas F.S foron subcampions despois de perder a final por 3-2 ante o UD As Rozas Boadilla que é un referente en categorías base, posiblemente a mellor canteira a nivel nacional.

Na categoría feminina sub-17 o Cios Vigo Pelucas quedaría 4º Clasificado.

E na categoría alevín o equipo quedaría eliminado no grupo cun triplo empate a puntos co Cidade de Toledo e o Parrulo Ferrol e quedaría eliminado por 2 goles. No formato da fase final onde solo se clasifica o 1º de cada grupo fai que nos 3 partidos do grupo teñas que estar ao 100 por 100.