cios vigoO equipo alevín do Cios Vigo Pelucas FS despois de quedar campión provincial o pasado día 4, no pavillón do IES Castelao no Calvario, onde derrotou o Poio Pescamar con un resultado final de 4-2, proclamándose campión provincial e deulle o pase para xogar o pasado domingo en Verín ao Campionato Galego xunto cos campión da Coruña (Ex-Alcohólicos), Lugo (Maristas) e Ourense (ED Verín).

O primeiro partido que xogaron foi contra o anfitrión, ás 11:00 no pavillón A Granxa, o todopoderoso Verín caendo eliminado por 6-3, polo tanto non obtivo así o pase para xogar a gran final, onde o Verín proclamouse campión galego gañando por un contundente 6-0 a Ex-Alcohólicos de Coruña, dándolle así o pase para xogar o Campionato de España. 

Ademais tamén destacar o pasado domingo o infantil "B", a falta de dúas xornadas, quedou campión provincial o que deulle o pase para xogar o campionato galego o vindeiro día 22 en Verín, xunto cos campións da Coruña (Compañía María), Lugo (EDM Guitiriz) e Ourense (EDM Celanova).

O cadete "B", está a falta dunha xornada de proclamarse campión provincial, a dous puntos do segundo clasificado, o IES IES Coruxo FS & Micral, unha vitoria ou un empate contra o Baiña FS/Bocatería Manducaiso, daríalle matematicamente o pase para disputar o Campionato Galego o vindeiro día 22 en Verín, xunto cos campión da Coruña (Ex-Alcohólicos), Lugo (A.D.C. Lumieira) e Ourense (EDM Celanova).

O prebenxamín "D", despois de quedar campión de liga no seu grupo, quedou exento dos cuartos de final da fase de campión e xogará o vindeiro día 14 as semifinais contra o Vigosporting, por tanto, atopase a dous pasos de proclamarse campión.

O xuvenil "B", proclamouse campión de liga a pasada semana e disputará este domingo a fase final da liga provincial contra o primeiro do grupo A, o todo poderoso Cabo de Peñas Treboada, o gañador disputará o campionato galego cos mellores equipos de Ourense, Lugo e Coruña.

O infantil "C", quedou a pasado domingo campión da súa liga local o gañar por 0-5 na casa de Sauces.

O infantil "A" (2º clasificado) na liga galega que lle da o pase directo a disputar a Copa Xunta da súa categoría e o xuvenil "A" a falta de 1 xornada que disputará este sábado contra o Baiña tamén está a tiro para disputar a Copa Xunta.

O sénior fútbol 7 de División de Honra de veteranos “Concello do Porriño”, rematou a tempada logrando un meritorio segundo posto.

O resto das categorías que seguen competindo na copa local e provincial como o prebenxamín "A", prebenxamín "B", prebenxamín "C", benxamín, cadete feminino e sénior feminino.

Dende a directiva do club son conscientes de que queda moito por facer, pero tamén están convencidos que van no bo camiño e por conseguinte queren felicitar dende a directiva do club a todos os país, nais, delegados, adestradores e directiva polos logros conseguidos e polos que aínda nos quedan por conseguir. Por elo esa fin de semana toca ir dun lado para outro a animar moito aos seus equipos... A marea verde tense que facer notar esta semana no pavillón, imos Cios Vigo Pelucas FS!