Galicia, segunda comunidade no campionato de España de bádminton sub-15

Imprimir

badminton18.5.10José Manuel Padín, Xoel Liñares e Pablo Sanmartín do CB Thebes&Reale A Estrada, novos campións de España sub-15 de bádminton. Do 14 ao 16 de maio de 2010 celebrouse no Pavillón Municipal de Tordesillas el Campionato de España sub-15 de bádminton con representación galega. Un total de 16 xogadores tomaron parte neste Campionato.

Os xogadores participantes foron:

CB Thebes&Reale A Estrada: Pablo Sanmartín, Alejandro Nogueira, Fabián Penas, José Manuel Padín, Manuel Bouzón, Xoel Liñares, Ana Reino, Olinda Pardo e Nerea Gestoso.
CB As Neves: Brais Alvés, Maria Alonso, Adrián González e Alba Branco.
CB Rachaplumas de Vigo: Eva Murio.
Club Athlos de Ourense: Sara Galicia e Sara Ezquerro.
A representación galega a alzo con dous títulos, un subcampionato e dous terceiros a cargo dos xogadores do CB Thebes&Reale A Estrada.

Os títulos lográronos en Individual Masculino, José Manuel Padín do CB Thebes&Reale A Estrada, que derrotou na final ao andaluz Antonio José García do CB Arjonilla por 21-14 e 21-14, e en Dobres Masculino coa parella do CB Thebes&Reale A Estrada Pablo Sanmartín/Xoel Liñares, que derrotaron na final aos cataláns do CB La Garriga Arnau Durán/Guillem Durán por 21-18 e 21-17 a outra final protagonizárona as xogadoras do CB Thebes&Reale A Estrada Ana Reino e Nera Gestoso pero perderon ante as asturianas Zhao Min/María Vijande do CB Oviedo por 21-4 e 21-6.

Os dous terceiros postos lográronos tamén os xogadores do Cb Thebes&Reale A Estrada en individual feminino a cargo de Ana Reino que perdeu en semifinais ante a asturiana Maria Vijande a próstrea campioa do torneo por 21-10 e 21-9 e en dobres mixtos coa parella formada por Nerea Gestoso/José Manuel Padin que perderon en semifinais ante a parella asturiana Zhao Min/Daniel Alvarez por 21-16 e 21-4.