O programa búscase campión Sub-13 Galicia arrancou este sábado en A Estrada

Imprimir

374sebuscacampionoutubro2010O sábado 23 de outubro e non luns 12, como estaba previsto, arrancou a primeira concentración do Programa  Buscase Campión - Galicia que leva a cabo a Federación Galega de Bádminton conxuntamente coa Federación Española e apoiada polo Consello Superior de Deportes.

Un total de 24 xogadores galegos concentráronse no CETD A Estrada - Galicia baixo a dirección do Técnico do CGETD Rafael Vázquez xunto cos técnicos dos diferentes clubs pertencentes ao programa: CB A Estrada, Club do Mar de San Amaro de A Coruña, CB As Neves, CB Rachaplumas de Vigo e Club Athlos de Ourense.

Á concentración asistiron os seguintes xogadores:

-CB Thebes&Reale A Estrada: Aldara Liñares, Marta Sanmartín e Noelia Gestoso.
-CB As Neves: Sergio García, María Alvarez, Moisés Casas, Marcos Parada, Ana Carolina Soto e Daniel Duque.
-CB Rachaplumas: Omar Vila, Alberto Méndez, Eva Murio, Ana Belén Salgueiro e David Torres.
-Club Athlos: Sergio Vidal, Martín Abarbado, María Ezquerro, Miguel Abarbado, Antonio Iglesias e Helena Alvarez.
-Club do Mar: Andrew Blanco, Ana Amigo, Andres Llamas e María Castro.

Xunto a eles estiveron como convidados os campións de España sub-15, Xoel Liñares e Pablo Sanmartín ambos os dous do CB Thebes&Reale A Estrada os cales conviviron nestes primeiros adestramentos.

Os xogadores baixo as ordes de Rafael Vázquez estiveron a traballar, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h., a mellora técnica de diferentes golpes e os desprazamentos.

Esta primeira concentración serviu tamén como convivencia entre os diferentes xogadores e de cara a preparar as competicións da categoría sub-13 e seleccionar os xogadores que van estar concentrados o 13 e 14 de novembro de 2010 en A Estrada co técnico enviado por FESBA, o danés Anders Thomsen.

Próximas concentracións do programa Búscase Campión:

-Vacacións de nadal decembro-xaneiro dúas concentracións unha en Galicia e outra en Madrid.
-Vacacións de carnaval (7 de marzo de 2010) concentración en Galicia.
-Semana santa concentración Nacional en Madrid.
-Mes de maio (21 de maio de 2011) concentración en Galicia.
-Mes de xuño concentración en Galicia.