Dous campionatos galegos de bádminton, este sábado na Vermella organizados polo C.B. Rachaplumas

Imprimir

badmintonmarzo2011Dez anos despois, un Campionato de Galicia de bádminton volve a Vigo, esta vez de categoría sub 9 e sub 15, que se disputarán este sábado na Pista Vermella do IMD das Travesas dende as 10.00 horas con entrada gratuíta.

"Queremos traer eventos importantes", dixo Juan Manuel Vila Mao, secretario técnico e fundador do Bádminton Rachaplumas, equipo do programa Siareiros Base da Fundación VIDE. E a este campionato, na súa segunda edición para sub 9 e trixésima terceira para sub, acudirán 75 competidores e competidoras de oito clubs, sendo dezaseis participantes do Rachaplumas vigués. A provincia domina con cinco clubs, xa que tamén participan a Sociedad Deportiva Lalín, o C.B. As Neves, o C.B. Los Sauces de Pontevedra e o C.B. Thebes&Reale A Estrada, xunto con dous clubs de Ourense e un da Coruña.

Para abrir o acto, Laura Magdalena, xerente da Fundación VIDE, suliñou que chegaba ao IMD "un gran evento"; ademais da anfitrioa da rolda de prensa e de Vila Mao, participaron na presentación Guillermo Reinaldo, polo Servizo Provincial de Deportes da Xunta, e upe Lago en representación do Banco Mediolanum, un dos patrocinadores privados do evento e ao que Vila Mao agradeceu expresamente o apoio porque "grazas a el os nosos nenos e nenas poden saír a competir fóra". Pola Xunta, Reinaldo, vinculado a esta modalidade, asegurou que o traballo do Rachaplumas e da Federación galega de Bádminton permite anticipar "o éxito do torneo e lembrou que "hai anos galicia era referencia" neste deporte. Ademais destacou a segunda edición do sub 9, o minibádminton, con normas específicas (rede a 1,20 metros, pista máis curta e tres sets a menos puntos).

Vila Mao anunciou que os seus xogadores e xogadoras "teñen opcións", aínda que advertiu que en sub 15 Pablo Sanmartín e Xoel Liñares, da Estrada, son campións de España "e principais favoritos".