374gabriel-ana-jacoboO domingo As Neves acolleu o Campionato Galego sub-11 e Absoluto coa participación de catro xogadores do CB Rachaplumas, tres en sub-11 e 1 en absoluto.

Na categoría sub-11 os xogadores do CB Rachaplumas tiveron unha actuación destacable a lograr dous platas a cargo de Ana Belén Salgueiro en individual feminino e en dobres mixtos formando parella co xogador do CB Los Sauces Nikita Marakulin e un bronce no dobres masculino coa parella Jacobo Fernández e Gabriel Fernández. Na categoría absoluta o represente do CB Rachaplumas, José Manuel Castro non puido participar ao final.

Na categoría absoluta, o vigués Rafael Vázquez pertencente ao CB Thebes&Reale A Estrada conseguiu en individual masculino o seu décimo título consecutivo e mantén a súa tiranía nesta modalidade onde non coñece a derrota nos campionatos galegos dende o 2002. Nesta edición Rafa mostrouse intratable non cedendo ningún set ante os seus rivais derrotándoos con certa facilidade e o seu encontro máis difícil tívoo nas semifinais ante o xogador local David Durán ao que derrotou por 21-17 e 21-13.

Rafa que xogaba este ano o seu último campionato galego logrou o seu obxectivo e agora seguro que dubidase se participa na próxima edición do Campionato Galego.