374rachaplumasO sábado 21 de maio de 2011 o Pavillón Municipal de Outes da localidade coruñesa de Outes acolleu o Campionato Galego Escolar de Bádminton Infantil e Cadete.

A competición foi intensa e emocionante cun total de 380 partidos disputados de 10:30 h a 21 horas. Na competición participaron un total de 200 deportistas e 50 delegados/adestradores representando ás catro provincias que saíron dos correspondentes provinciais celebrados durante o mes de abril e maio.

Vigo estivo representado polas entidades: IES Teis e CB Rachaplumas. A representación viguesa logro bos resultados ao conseguir o título por equipos na categoría infantil feminino a cargo do CB Rachaplumas que se mostrou intratable superando a:

¼ de final ao IES As Logoas de Ourense por 5 -0
½ final ao EDM Cedeira "B" de Cedeira por 4 -1
Na final ao Club Athlos de Ourense por 3 -0

O equipo estivo composto por: Ana Belén Salgueiro, Lucia Coello, Ainoa Rial, Eva Murio, Laura Valverde e Carla Mouriño.

O IES de Teis participo na categoría Cadete Mixto e Cadete Feminino logrando o quinto posto cos dous equipos. En rapaces o IES de Teis perdeu ante o Club do Mar de San Amaro por 4 -1 e gaño ao EDM Tabeada por 5-0 e ao Club Athlos por 3-0. En rapazas o IES de Teis perdio ante o EDM Monforte por 3-2 e gaño a IES Cotobade 4-1 e EDM Chantada 3-1.

Na competición individual tamén bos resultados:
En individual feminino categoría infantil Carla Mouriño e Laura Valverde do CB Rachaplumas lograron a prata e o bronce nun bo campionato perdendo ambas as dúas só coa campioa, a xogadora do CB As Neves María Alonso. No individual masculino categoría infantil tamén hai que destacar a Alejandro Rivudulla do IES de Teis que logro un importante terceiro posto e medalla de bronce e que só foi dobregado polo campión Fabian Penas do CB A Estrada.

Catro xogadores do CB Rachaplumas tomarán parte esta fin de semana no campionato de España sub-15 que se disputa en A Estrada.

Do 27 ao 29 de maio de 2011 vaise celebrar no Pavillón Municipal "Couto Ferreiro" de A Estrada o Campionato de España sub-15 con representación viguesa. Catro xogadores pertencentes ao Club Bádminton Rachaplumas tomasen parte nesta competición.

Os xogadores vigueses participantes son: Lucia Coello, Eva Muiro, Alejandro Rivadulla e Brais Vila.
Os xogadores do CB Rachaplumas debutan en venres co seguinte calendario:
ÁS 14:00 h. Alejandro Rivaulla en 1/32 de final ante o vasco Alfonso de Juana (CB Aldapeta)
ÁS 15:35 h. Alejandro Rivadulla/Brais Vila en 1/16 de final ante os cataláns Oriol Bellot/Joan Solá
ÁS 16:40 h. Brais Vila en 1/16 de final ante o valenciano David Cervelló (CB Xátiva)
Ás 19:35 h. Lucia Coello en 1/16 de final ante a canaria Ana Amador (CB Tenzul El Rosario)
ÁS 20:05 h. Eva Murio en 1/16 de final ante a gañadora de Lidia Ortiz (Madrid) - Triana Sánchez (Andalucía)
O dobres feminino disputarase o sábado.