Éxito deportivo no V Trofeo Concello de Vigo - II Memorial Luis Miró de bádminton

Imprimir

374cb rachaplumas infantil-cadeteO pasado sábado celebrouse na Pista Vermella do IMD das Travesas de Vigo a 5ª edición do Trofeo Concello de Vigo - II Memorial Luis Miró de bádminton, organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Vigo e o Club Bádminton Rachaplumas.

Un total de 150 deportistas representando ás entidades de CB Los Sauces de Pontevedra, CB As Neves, IES de Tomiño e CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño, o Colexio Ángel de la Guarda de Nigrán e as entidades de Vigo: Colexio Apóstol Santiago, Colexio Carmelitas, Colexio Martín Codax, Colexio Monterrey, IES de Teis, EDM de Vigo e CB Rachaplumas tomaron parte nesta edición onde se disputaron 200 partidos entre as 10:00 h. e as 19:00 h.

Éxito no peche da presente tempada de bádminton con gran participación e numeroso público na grada que gozou dun grande espectáculo ofrecido por estas novas promesas de bádminton. O CB Rachaplumas organizador do evento brillou na organización e no deportivo ao alzarse con cinco dos oito títulos en xogo. Á entrega de medallas asistiron as seguintes autoridades: Xabier Alonso, concelleiro de Deportes en funcións; Lucía Molares, delegada da Xunta de Galicia; Elia Rodríguez, viúva de Luis Miró; e Carlos Miguel e Lupe Lago en representación das empresas colaboradoras co club Deportes Carlos Miguel e Banco Mediolanum.

A presente edición contou coa novidade de que a competición se abriu a entidades do sur da provincia de Pontevedra coa participación de deportistas de Pontevedra, As Neves, Nigrán e Tomiño o que elevo o nivel deportivo da proba.

Este foi o cadro de honra do V Trofeo Concello de Vigo - II Memorial Luis Miró:

Benxamín Masculino:
1.-  Sergio García (CB As Neves)
2.-  Gabriel Fernández (EDM Vigo)
3.-  Omar Vila (EDM Vigo)

Benxamín Feminino:
1.-  Ana Belén Salgueiro (EDM Vigo)
2.-  Rebeca Pérez (CEP Pedro Caselles de Tomiño)
3.-  Antía Fernández (Colexio Carmelitas de Vigo)

Alevín Masculino:
1.-  Nikita Maraculim (CB Los Sauces de Pontevedra)
2.-  Carlos Casal (CB As Neves)
3.-  Alberto Méndez (EDM Vigo)

Alevín Feminino:
1.-  Carla Vázquez (CB Los Sauces de Pontevedra)
2.-  María Alvarez (CB As Neves)
3.-  Aroa Rodríguez (CEP Pedro Caselles de Tomiño)

Infantil Masculino:
1.-  Alejandro Rivadulla (CB Rachaplumas)
2.-  Brais Vidal (CB As Neves)
3.-  Daniel Duque (CB As Neves)

Infantil Feminino:
1.-  Lucia Coello (CB Rachaplumas)
2.-  Clara Forte (CB Los Sauces de Pontevedra)
3.-  Raquel Rodríguez (IES Teis de Vigo)

Cadete Masculino:
1.-  Brais Vila (CB Rachaplumas)
2.-  Adrián Jonathan (CB Los Sauces de Pontevedra)
3.-  Jorge Arizaca (IES Teis de Vigo)

Cadete Feminino:
1.-  Carla Mouriño (CB Rachaplumas)
2.-  Laura Valverde (CB Rachaplumas)
3.-  María González (CB Los Sauces)